Buscar neste blog

venres, 15 de marzo de 2024

PREMIOS DO CONSURSO DE ROSALÍA

Hoxe tivemos a entrega dos premios do xogo-concurso as sete Rosalías.


O xogo consiste en atopar varias siluetas recortadas coa forma de Galicia que conteñen no seu interior o rostro da intelectual acompañado de versos seus. Estas pezas expóñense nos escaparates de diversos establecementos locais da Pobra dende o día 11 ata o 25 de febreiro. O desafío reside en buscar nos escaparates dos locais do municipio as 7 versións diferentes da imaxe que ilustra o cartel, xa que non todas son iguais. Poden participar todos aqueles nenos e nenas pobrenses con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos que conten cun dos impresos repartidos nos colexios Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra.

Unha vez atopadas, será preciso anotar no folleto cal é esa diferenza e en que instalación se sitúa. De lograren supera-lo reto, deben entrega-los impresos debidamente cubertos cos datos requiridos nos centros de ensino xa mencionados.

Realizouse un sorteo de diversos agasallos entre tódolos cativos e cativas acertantes.

Noraboa aos que resultaron premiados co agasallo e grazas a todo alumnado e familias participantes .



Un saúdo, A Vaca Pepa


mércores, 6 de marzo de 2024

PACO NOGUEIRAS. KALANDRAKA

Neste día, os nenos de 1º e 2º tivemos a visita de PACO NOGUEIRAS. 

Trouxo a maleta repleta de contos para compartir con nós.

Contamos e cantamos historias de animais, de bechos grandes e pequenos, dos que viven na selva, na casa e ata na escola!

Pasamos momentos marabillosos cheos de historias, cancións e emocións.

Aquí tedes unha pequena mostra desta aventura.

E-LBE.2 8 DE MARZO. CELEBREMOS A DIVERSIDADE E A IGUALDADE!

Na plataforma E-LBE.2 ofrécennos unha selección de lecturas sobre a diversidade e a igualdade en relación ao 8M.

Esperamos que vos gusten.


Un saúdo, A Vaca Pepa.

venres, 1 de marzo de 2024

NOVIDADES DE MARZO

Durante o mes de marzo temos na biblioteca unha pequena exposición das derradeiras novidades que podemos levar a casa.

Se clicas na imaxe poderás velas.

Un saúdo, A Vaca Pepa

martes, 27 de febreiro de 2024

EXPOSICIÓN 8M.

Aquí tedes algúns dos libros que poderedes atopar durante estas semanas na exposición da nosa Biblioteca.

Esperamos que vos sexan de gran utilidade.

Lembrar que todos os libros expostos poden ser prestados en calquera momento.


Un saaúdo, A Vaca Pepa.


MULLERES QUE FIXERON HISTORIA

Escritoras, científicas, actrices, políticas ou aviadoras, entre outras profesións. 

Son moitas as mulleres que cambiaron a historia no tempo que lles tocou vivir e que desempeñaron un papel fundamental no desenvolvemento dos acontecementos. 

Grandes revolucionarias que, día a día, romperon co establecido en cada un dos seus campos e, tamén, na sociedade. 

Mulleres valentes que abriron o camiño a tantas outras que, na súa loita pola igualdade, fixeron do mundo un lugar máis xusto.


Un saúdo, A Vaca Pepa.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. 8 DE MARZO

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día adicado á loita pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.

Aquí tedes un Escape room (@guille_buedo): 

Oh, oh... Algo foi mal... A personaxe quedou atrapada nun espazo temporal... Deberedes viaxar a todos os lugares que aparecen na máquina do tempo se queredes volver a casa...

Un saúdo, A Vaca Pepa