Buscar neste blog

martes, 6 de marzo de 2018

HOMENAXE A ROSALÍA

Neste mes de febreiro, como xa ven sendo habitual, o concello da Pobra do Caramiñal fai unha fermosa lembranza da máis universal e representativa poeta que naceu na nosa terra: Rosalía de Castro.
No CEP Salustiano Rey Eiras conmemoramos o seu nacemento coa lectura das súas poesías. Pero o mellor de todo é a homenaxe que lle facemos  xunto co CEP Pilar Maestú Sierra, na Praza de Rosalía, coa colaboración do Concello da Pobra. Sempre hai algunha sorpresa, como o rap que cantamos o ano pasado ou o merengue que bailamos todos xuntos este ano. Foi unha homenaxe chea de ledicia, na que seguro que Rosalía se tería sentido na súa salsa!

ENTROIDO "HAI 40 ANOS"

Ola, como xa sabedes, este ano celebramos o 40 aniversario de Bandaseca, ou o que é o mesmo o CEP Salustiano Rey Eiras. Con tal motivo, quixemos recordar aqueles marabillosos anos nos que na tele aparecían a Familia Telerín, os Paiasos da Tele, a Abella Maya, e tantos outros personaxes, os rockeros dos anos 70 e 80, a Familia Addams... Foi dificil facer unha selección para representar neste entroido do 40 aniversario!
Pasámolo moi ben, desde o principio, facendo búsquedas de personaxes, aprendendo algo deles, mirando como imitalos e caracterizarnos e aprendendo as cancións que se cantaban entón.
A colaboración das familias foi impresionante. Podemos asegurar que neste entroido participou toda a comunidade educativa da Pobra, e como mostra aí tedes o video do desfile, ao que se uniron as escolas de infantil de Vilariño, Monte Carmelo e Fernández Varela, e tamén o CEP de Cadreche, como xa vén sendo habitual.